xoves, 23 de abril de 2015

Despedida e peche

 Ata aquí chegou a Semana Cultural, unha semana na que os alumnos puidemos vivir a experiencia de ser profesores e estar na súa pel durante uns días. Unha experiencia na que puidemos saír do noso lugar de traballo habitual e xuntarnos con xente coa que non soemos traballar, o que é sempre enriquecedor.


  Unha semana dura ao principio, na que tivemos que prepararnos para non cometer erros, xa que o noso traballo aprovéitanno os cativos da escola, e nós non podemos errar.

 Desexamos que o pasarades tan ben coma nós, que vos pareceran interesantes os artigos que compartimos, e que esteades o próximo ano connosco de novo.


  Un saúdo de todo o equipo de prensa, do profesorado e feliz día do libro.


  Apertas!

   

Tomas falsas da Semana Cultural 2015

Chegado o solpor desta Semana Cultural 2015, despedímonos cun “vídeo remix” das tomas falsas, erros, criaturas espontáneas e todo tipo de situacións graciosas producidas durante a rodaxe dos vídeos, entrevistas e reportaxes desta Semana Cultural 2015.


Un saúdo e grazas por seguirnos.

Traballo en equipo

Hoxe, último día da Semana Cultural, imos valorar o traballo e as sensacións do equipo de prensa desta edición.

A enquisa que fixemos mostra as opinións persoais dos participantes.
Interésanos o que se aprendeu con esta experiencia, cal é o beneficio pedagóxico desta intensa semana de actividade. A maioría das respostas salientan que o máis valorado foi o traballo en equipo e as súas experiencias dentro do gabinete de prensa…

As maiores dificultades do grupo foron o ambiente de nervios e o estrés que houbo nalgúns momentos xa que os nenos non sempre fan o que se lles di, cousa realmente inexplicable.
A convivencia dentro do gabinete de prensa foi saudabel, houbo tanto momentos de nervios, como de pracer polo traballo común. 

Os compañeiros aprenderon a escribir con soltura co teclado, a redactar as noticias dun xeito atractivo para os lectores, a facer boas imaxes cos aparellos de fotografía e vídeo, etc. Foi unha experiencia positiva e enriquecedora.
O 100% dos alumnos que traballaron aquí repetirían  con moito gusto.

Agradecemos o seu traballo e a súa implicación aos integrantes do grupo de prensa: Maximilian, Sergio B., Sergio C., Ángel, Pablo L., Pablo Z., Pablo G., Aida, Alicia, Gabriel, Miguel, Xián, Iago, Jorge, María G., Saray, Estéfana, Hugo, José, Paula, Xiana, Elena, María L., Laura, Diego V., Tamara e Martín e por suposto aos nosos guías: Álvaro, Cristina e Conchi.

Agradecer tamén por suposto aos nosos lectores tanto no Twitter como no Facebook e no noso blog.
Esperamos que fose para vos unha gran experiencia e que o noso labor fora do voso agrado.

O Galego e a Semana Cultural

A Semana Cultural é unha semana adicada a un tema en concreto proposto polos alumnos do Colexio Martín Códax, pero tamén é unha oportunidade marabillosa para fomentar o uso da nosa lingua, o galego, e por iso, durante esta semana úsase intensamente na escola.

Pero por que é necesario este empurrón ao galego na Semana Cultural? Por qué só nesta semana e non todo o ano?
Non sería necesario se empregásemos o galego na vida cotiá, cousa que non soe suceder no noso entorno urbán. É fundamental que o galego o saibamos empregar en calquera circunstancia, para falar de calqueira tema.

Deberiamos estar agradecidos de ter unha lingua e cultura propias. O galego está en inferioridade co castelán respecto ao número de falantes no noso país, de non ser así non teriamos que adicar esta semana a dignificar unha lingua que é nosa e é perfecta.

O galego está nesta situación polos prexuízos xerados por culpa da dictadura de Franco no século XX, entre outras razóns. Por isto hai máis falantes de castelán en ámbito urbán que no rural. E tamén hai máis falantes de castelán entre a xente nova que entre a xente de máis idades porque os prexuízos contra a lingua incúlcanse polos maiores, que nos ensinan castelán para que non teñamos que pasar polo que pasaron eles, xa que hai uns anos, o castelán abríache moitas máis portas que o galego. A industrialización tamén tivo que ver coa implantación do castelán, aunque foi un proceso moi longo e complexo. O rol do castelán como lingua predominante responde a motivacións históricas que adoptando medidas no ámbito político e lexislativo pretendían sustituir o galego polo castelán. E a piques estiveron de conseguilo.

As razóns polas que defendemos o galego son obvias, nacimos aquí, en Galicia, unha terra na que o Galego e o castelán son as linguas oficiáis, por iso, consideramos que debemos defender o noso, tanto o galego como o castelán. Defender o galego non significa menospreciar o castelán. O que intentamos demostrar é que o galego pode e debe ser utilizado para exactamente as mesmas cousas que o castelán: podemos falar de libros en galego, podemos falar de cine en galego, podemos falar de amor en galego...
Queremos mostrar que o Galego é un idioma tan nobre como calquera outro, nin peor, nin mellor, pero noso.
(I.L.L. -M.C.L.)

Operación reciclaxe

O tema principal da Semana Cultural de este ano no Martín Codax é a reciclaxe. Eleximos este tema porque cremos que é moi importante que os nenos comecen a coidar o noso planeta dende pequenos, porque se non acostumamos aos nenos a non contaminar hoxe, mañá pode haber consecuencias catastróficas, como o fundimento dos polos, a desaparición da capa de ozono ou plagas.

A maior causa da contaminación é o progreso da humanidade, debido a que cada vez que se innova, prodúcense máis residuos. Un progreso mal entendido?
Os expertos na contaminación ambiental cren que a forma de reducir a taxa de contaminación sería facer un uso máis responsable dos recursos naturais.
As principais enerxías non renovables que empregamos na nosa vida cotiá pódense esgotar.    Estimación da súa durabilidade:
 -Carbón: 122 anos.
 -Uranio: 80 anos.
 -Gas natural: 60 anos.
 -Petróleo: 42 anos.

        Os principais culpables da contaminación mundial son as cidades, que ocupan o 2% do territorio e prodúcen o 70% dos gases causantes do quentamento global, e aos que máis lles afecta o quentamento global son aos países pobres.

         Outra das causas da contaminación son o uso abusivo de combustibles fósiles para uso privado (vehículos, calefacción, etc.) contaminando aire, terra e auga, debido ao noso estilo de vida derrochador.

     É igual de preocupante a deforestación medioambiental, coa que desaparecen as árbores encargadas de limpar o aire e proporcionarnos osíxeno. A sobreexplotación dos recursos naturais e a superpoboación mundial aumentan o consumo e a produción de lixo. Ademais, este aumento de produción faise de xeito pouco respetuoso coa natureza, abusando de insecticidas que envelenan a terra, o auga es os alimentos.

          Para evitar que isto pase hai varias formas de cambiar a nosa vida cotiá:

Unha forma é sabendo que nos contedores só se reciclan envases. Por exemplo, non poderíamos botar unha ventá rota no contedor. Se non sabes onde colocar un producto utilizado, o máis recomendado é colocalo no contenedor xeral (verde escuro). 
           

Outras formas é utilizando o coche nos traxectos largos e, nos traxectos, curtos vehículos que non precisen enerxías fósiles, ou andando, investigando e utilizando máis fontes de enerxía renovables e cambiando as nosas formas de vida e consumo.
Pero tamén temos que cambiar nós, non esperar que os cambios nos cheguen impostos por gobernos ou institucións. Os cambios teñen que ser persoais, partir de cada un porque aínda que teñamos as ideas e o material  adecuado, se non temos a vontade de cambiar as nosas formas de vida non serve de nada.
Tamén temos que concienciarnos de que hai que reciclar e consumir dun xeito sostible, porque ainda que o sepamos na teoría se non o facemos na práctica non serve de nada. Os cidadáns somos os que temos que pór a primeira pedra do camiño cara un mundo mellor.         
                                                        

(J.I.L.-P.Z.I-H.P.V.)

Representacións de teatro


Hoxe ás 9:15 da mañá acudimos ao “teatro”, e decir, ao ximnasio, para ver unha serie de representacións feitas polos alumnos de 2º E.S.O. e 3º E.S.O. 

En primeiro lugar, sairon ao escenario un grupo de rapaces que cantaron un rap moi pegadizo sobre a reciclaxe.  Os nenos mostrábanse entusiasmados ante esta nova forma de aprender. 
Si, si, si , esto é así, se queres reciclar axudas ao país” cantaban todos xuntos alumnos e actores.

A continuación, vimos unha obra sobre a cultura galega. Pepe G. facía dun rapaz a quen se lle aparecen personaxes de distintas culturas e o axudan a aprobar un exame. Esto con Xavi non pasaba!!

Despois chegou o turno de representar o coñecido Maio. Un grupo de recén graduados teñen a necesidade de conseguir cartos vendendo castañas para poder pagar a universidade. Durante esta representación recítase o coñecido Maio dunha forma distinta e divertida.

Para rematar esta actividade, houbo unha obra chamada “Negra sombra” e outra en representación en inglés.
Como público asistiron os alumnos de 3º e 4º de primaria que responderon a esta actividade  con un gran aplauso.

(S. B. L. - E. R. M.)

Pequenos profesores

Tras unha longa viaxe ao perigoso edificio de primaria, conseguimos chegar con vida.
 Nada máis entrar pola porta, escoitamos unha algarabía que proviña de dúas clases, entramos nunha delas con medo. Nela había oito nenos. Que estarían a facer?
 Despois de atacarnos, logramos conseguir información suficiente para este artigo.

 Na primeira aula presenciamos unha pequena representación feita polos alumnos de 3ºB de primaria,  dirixidos pola súa profesora, Fátima, na que cada rapaz tiña unha personaxe a representar: un quería mercar un coche, outro tiña unha empresa de petróleo e outro facía de enxeñeiro.

 Despois, situados noutra clase, atopamos a catro grupos de rapaces con distintas activadades.
 Un dos grupos facía xoguetes con materiais reciclados, outro explicaba a separación do lixo nos diferentes contenedores, o terceiro de eles, participaba nun xogo de “pasapalabra” no que cada letra tiña una pregunta diferente sobre a redución da contaminación, e por último, o cuarto grupo, facía unha explicación sobre o mal estado da mar, acompañada dun xogo para conciencialos.

 Estaban tan entusiasmados tanto os nenos que facían de mestres como os que participaban nas actividades.

 (E. R. M. - S. B. L.) 
Os posts que vos poden interesar