xoves, 23 de abril de 2015

Despedida e peche

 Ata aquí chegou a Semana Cultural, unha semana na que os alumnos puidemos vivir a experiencia de ser profesores e estar na súa pel durante uns días. Unha experiencia na que puidemos saír do noso lugar de traballo habitual e xuntarnos con xente coa que non soemos traballar, o que é sempre enriquecedor.


  Unha semana dura ao principio, na que tivemos que prepararnos para non cometer erros, xa que o noso traballo aprovéitanno os cativos da escola, e nós non podemos errar.

 Desexamos que o pasarades tan ben coma nós, que vos pareceran interesantes os artigos que compartimos, e que esteades o próximo ano connosco de novo.


  Un saúdo de todo o equipo de prensa, do profesorado e feliz día do libro.


  Apertas!

   

Tomas falsas da Semana Cultural 2015

Chegado o solpor desta Semana Cultural 2015, despedímonos cun “vídeo remix” das tomas falsas, erros, criaturas espontáneas e todo tipo de situacións graciosas producidas durante a rodaxe dos vídeos, entrevistas e reportaxes desta Semana Cultural 2015.


Un saúdo e grazas por seguirnos.

Traballo en equipo

Hoxe, último día da Semana Cultural, imos valorar o traballo e as sensacións do equipo de prensa desta edición.

A enquisa que fixemos mostra as opinións persoais dos participantes.
Interésanos o que se aprendeu con esta experiencia, cal é o beneficio pedagóxico desta intensa semana de actividade. A maioría das respostas salientan que o máis valorado foi o traballo en equipo e as súas experiencias dentro do gabinete de prensa…

As maiores dificultades do grupo foron o ambiente de nervios e o estrés que houbo nalgúns momentos xa que os nenos non sempre fan o que se lles di, cousa realmente inexplicable.
A convivencia dentro do gabinete de prensa foi saudabel, houbo tanto momentos de nervios, como de pracer polo traballo común. 

Os compañeiros aprenderon a escribir con soltura co teclado, a redactar as noticias dun xeito atractivo para os lectores, a facer boas imaxes cos aparellos de fotografía e vídeo, etc. Foi unha experiencia positiva e enriquecedora.
O 100% dos alumnos que traballaron aquí repetirían  con moito gusto.

Agradecemos o seu traballo e a súa implicación aos integrantes do grupo de prensa: Maximilian, Sergio B., Sergio C., Ángel, Pablo L., Pablo Z., Pablo G., Aida, Alicia, Gabriel, Miguel, Xián, Iago, Jorge, María G., Saray, Estéfana, Hugo, José, Paula, Xiana, Elena, María L., Laura, Diego V., Tamara e Martín e por suposto aos nosos guías: Álvaro, Cristina e Conchi.

Agradecer tamén por suposto aos nosos lectores tanto no Twitter como no Facebook e no noso blog.
Esperamos que fose para vos unha gran experiencia e que o noso labor fora do voso agrado.

O Galego e a Semana Cultural

A Semana Cultural é unha semana adicada a un tema en concreto proposto polos alumnos do Colexio Martín Códax, pero tamén é unha oportunidade marabillosa para fomentar o uso da nosa lingua, o galego, e por iso, durante esta semana úsase intensamente na escola.

Pero por que é necesario este empurrón ao galego na Semana Cultural? Por qué só nesta semana e non todo o ano?
Non sería necesario se empregásemos o galego na vida cotiá, cousa que non soe suceder no noso entorno urbán. É fundamental que o galego o saibamos empregar en calquera circunstancia, para falar de calqueira tema.

Deberiamos estar agradecidos de ter unha lingua e cultura propias. O galego está en inferioridade co castelán respecto ao número de falantes no noso país, de non ser así non teriamos que adicar esta semana a dignificar unha lingua que é nosa e é perfecta.

O galego está nesta situación polos prexuízos xerados por culpa da dictadura de Franco no século XX, entre outras razóns. Por isto hai máis falantes de castelán en ámbito urbán que no rural. E tamén hai máis falantes de castelán entre a xente nova que entre a xente de máis idades porque os prexuízos contra a lingua incúlcanse polos maiores, que nos ensinan castelán para que non teñamos que pasar polo que pasaron eles, xa que hai uns anos, o castelán abríache moitas máis portas que o galego. A industrialización tamén tivo que ver coa implantación do castelán, aunque foi un proceso moi longo e complexo. O rol do castelán como lingua predominante responde a motivacións históricas que adoptando medidas no ámbito político e lexislativo pretendían sustituir o galego polo castelán. E a piques estiveron de conseguilo.

As razóns polas que defendemos o galego son obvias, nacimos aquí, en Galicia, unha terra na que o Galego e o castelán son as linguas oficiáis, por iso, consideramos que debemos defender o noso, tanto o galego como o castelán. Defender o galego non significa menospreciar o castelán. O que intentamos demostrar é que o galego pode e debe ser utilizado para exactamente as mesmas cousas que o castelán: podemos falar de libros en galego, podemos falar de cine en galego, podemos falar de amor en galego...
Queremos mostrar que o Galego é un idioma tan nobre como calquera outro, nin peor, nin mellor, pero noso.
(I.L.L. -M.C.L.)

Operación reciclaxe

O tema principal da Semana Cultural de este ano no Martín Codax é a reciclaxe. Eleximos este tema porque cremos que é moi importante que os nenos comecen a coidar o noso planeta dende pequenos, porque se non acostumamos aos nenos a non contaminar hoxe, mañá pode haber consecuencias catastróficas, como o fundimento dos polos, a desaparición da capa de ozono ou plagas.

A maior causa da contaminación é o progreso da humanidade, debido a que cada vez que se innova, prodúcense máis residuos. Un progreso mal entendido?
Os expertos na contaminación ambiental cren que a forma de reducir a taxa de contaminación sería facer un uso máis responsable dos recursos naturais.
As principais enerxías non renovables que empregamos na nosa vida cotiá pódense esgotar.    Estimación da súa durabilidade:
 -Carbón: 122 anos.
 -Uranio: 80 anos.
 -Gas natural: 60 anos.
 -Petróleo: 42 anos.

        Os principais culpables da contaminación mundial son as cidades, que ocupan o 2% do territorio e prodúcen o 70% dos gases causantes do quentamento global, e aos que máis lles afecta o quentamento global son aos países pobres.

         Outra das causas da contaminación son o uso abusivo de combustibles fósiles para uso privado (vehículos, calefacción, etc.) contaminando aire, terra e auga, debido ao noso estilo de vida derrochador.

     É igual de preocupante a deforestación medioambiental, coa que desaparecen as árbores encargadas de limpar o aire e proporcionarnos osíxeno. A sobreexplotación dos recursos naturais e a superpoboación mundial aumentan o consumo e a produción de lixo. Ademais, este aumento de produción faise de xeito pouco respetuoso coa natureza, abusando de insecticidas que envelenan a terra, o auga es os alimentos.

          Para evitar que isto pase hai varias formas de cambiar a nosa vida cotiá:

Unha forma é sabendo que nos contedores só se reciclan envases. Por exemplo, non poderíamos botar unha ventá rota no contedor. Se non sabes onde colocar un producto utilizado, o máis recomendado é colocalo no contenedor xeral (verde escuro). 
           

Outras formas é utilizando o coche nos traxectos largos e, nos traxectos, curtos vehículos que non precisen enerxías fósiles, ou andando, investigando e utilizando máis fontes de enerxía renovables e cambiando as nosas formas de vida e consumo.
Pero tamén temos que cambiar nós, non esperar que os cambios nos cheguen impostos por gobernos ou institucións. Os cambios teñen que ser persoais, partir de cada un porque aínda que teñamos as ideas e o material  adecuado, se non temos a vontade de cambiar as nosas formas de vida non serve de nada.
Tamén temos que concienciarnos de que hai que reciclar e consumir dun xeito sostible, porque ainda que o sepamos na teoría se non o facemos na práctica non serve de nada. Os cidadáns somos os que temos que pór a primeira pedra do camiño cara un mundo mellor.         
                                                        

(J.I.L.-P.Z.I-H.P.V.)

Representacións de teatro


Hoxe ás 9:15 da mañá acudimos ao “teatro”, e decir, ao ximnasio, para ver unha serie de representacións feitas polos alumnos de 2º E.S.O. e 3º E.S.O. 

En primeiro lugar, sairon ao escenario un grupo de rapaces que cantaron un rap moi pegadizo sobre a reciclaxe.  Os nenos mostrábanse entusiasmados ante esta nova forma de aprender. 
Si, si, si , esto é así, se queres reciclar axudas ao país” cantaban todos xuntos alumnos e actores.

A continuación, vimos unha obra sobre a cultura galega. Pepe G. facía dun rapaz a quen se lle aparecen personaxes de distintas culturas e o axudan a aprobar un exame. Esto con Xavi non pasaba!!

Despois chegou o turno de representar o coñecido Maio. Un grupo de recén graduados teñen a necesidade de conseguir cartos vendendo castañas para poder pagar a universidade. Durante esta representación recítase o coñecido Maio dunha forma distinta e divertida.

Para rematar esta actividade, houbo unha obra chamada “Negra sombra” e outra en representación en inglés.
Como público asistiron os alumnos de 3º e 4º de primaria que responderon a esta actividade  con un gran aplauso.

(S. B. L. - E. R. M.)

Pequenos profesores

Tras unha longa viaxe ao perigoso edificio de primaria, conseguimos chegar con vida.
 Nada máis entrar pola porta, escoitamos unha algarabía que proviña de dúas clases, entramos nunha delas con medo. Nela había oito nenos. Que estarían a facer?
 Despois de atacarnos, logramos conseguir información suficiente para este artigo.

 Na primeira aula presenciamos unha pequena representación feita polos alumnos de 3ºB de primaria,  dirixidos pola súa profesora, Fátima, na que cada rapaz tiña unha personaxe a representar: un quería mercar un coche, outro tiña unha empresa de petróleo e outro facía de enxeñeiro.

 Despois, situados noutra clase, atopamos a catro grupos de rapaces con distintas activadades.
 Un dos grupos facía xoguetes con materiais reciclados, outro explicaba a separación do lixo nos diferentes contenedores, o terceiro de eles, participaba nun xogo de “pasapalabra” no que cada letra tiña una pregunta diferente sobre a redución da contaminación, e por último, o cuarto grupo, facía unha explicación sobre o mal estado da mar, acompañada dun xogo para conciencialos.

 Estaban tan entusiasmados tanto os nenos que facían de mestres como os que participaban nas actividades.

 (E. R. M. - S. B. L.) 

Chuvia na aula de música

Dende o Gabinete de Comunicación escoitamos uns sons dos que non sabiamos a súa procedencia... Entón, por que non ir a investigar? Deixámonos levar pola curiosidade e rematamos na clase de Begoña, profesora de música.

 Ao entrar, atopamos a unha morea de nenos coa boca ben aberta escoitando a Thomas, Mauro, Miriam, Sara, Jorge e Hugo (4º E.S.O.), que lles mostraban un pau de chuvia. Este pau tan peculiar estaba conectado a un altofalante, que facía que o son se escoitase claramente por toda a habitación.

 A continuación, lles ensinaron aos nenos os instrumentos base dun grupo musical: a guitarra eléctrica, a batería e máis o baixo, explicando a súas características principais e como se toca.

 Finalmente, tocaron unha canción con estes instrumentos, chamada “Miña terra galega” . Foi cantada por Mauro, Sara e Miriam, Thomas no baixo, Jorge na guitarra e Hugo na batería.

 Cal é a finalidade desta actividade? Nós cremos que é unha boa forma de incitar á creatividade musical. Saímos da clase co ritmo no corpo, con ganas de bailar e seguir a nosa dura xornada.



 (A. F. F. – A. F. L. – X. T. M.) 

Entrevista manualidades recicladas

Un día máis ofrecémosvos unha nova entrevista da man do noso equipo de comunicación. Nesta ocasión visitamos a actividade de manualidades con materiais reciclados e falamos con dúas das súas organizadoras: Sara Piñeiro e Ana Leirós.


Nesta actividade, os nenos aprenden formas de reciclar ao tempo que se divirten creando xoguetes e obxectos de utilidade con ditos materiais. Para máis información, facede click aquí para visitar a reportaxe ao respecto.



(S.B.V.-P.G.F.)

Alicia e Aida, unha vivencia persoal e xornalística


Nesta entrada, imos facer un resumo de como nós vivimos estes catro días da Semana Cultural, que en xeral foron intensos, pero tamén divertidos.

 Ao principio, crimos que traballar no Gabinete de Comunicación ía ser un pouco agobiante, sen descanso, pero resultou ser unha tarefa divertida, aínda que canse un pouco.

 Dentro da actividade hai diferentes funcións: están os redactores, os fotógrafos, os editores de vídeo, os cámaras e máis os encargados do blogue e das redes sociais. De cada un dos artigos encárganse normalmente dous redactores e, ás veces, un cámara, para fotografiar ou gravar imaxes de apoio á información escrita. Os que van facer traballo de campo levan un chaleco reflectante, para así ser facilmente recoñecidos.

 Ao ser máis de vinte persoas nesta actividade, para que todo poida levarse a cabo, precísase coordinación e unha boa organización á hora de repartir o traballo. Para isto, temos unha pizarra na que apuntamos as horas ás que comezan e terminan as actividades, e o traballo feito e o que falta por facer. 

 Polo que vemos no equipo de prensa, os integrantes están contentos coa súa función na Semana Cultural, e entusiasmados por cubrir un novo artigo, aínda que non sempre te vaia tocar a noticia que che gusta. O normal cando imos entrevistar a alguén é que os rapaces e os profesores sintan curiosidade polo noso traballo e nos pregunten “Que estades facendo?”, “Onde vou sair?” e ata “Como é o equipo de redación?“.

 O que realmente aprendimos nesta actividade é a escribir cara ao público, e non para nós mesmos, como soemos facer, e incluso a redactar con orde un artigo poñendo toda a información necesaria, sen excederse. Tamén como entrevistar, sen chegar a aburrir aos lectores coas mesmas preguntas de sempre.

 Sen dúbida, o mellor de todo foi o traballo en grupo. O próximo ano probaremos outras actividades, para vivir a Semana Cultural desde outra perspectiva.

(A. F. L. - A. F. F.)

Entrevista aos pastores

Pensando na organización da Semana Cultural, decidimos facerlles unha pequena entrevista aos mozos que se encargan dunha das tarefas máis importantes, e unha das que conleva maior traballo, o “pastoreo”.
¿En que consiste este traballo? Con esa pregunta na cabeza decidimos buscar as respostas.

Tras camiñar un pouco polo patio, atopámonos con dous grupos de pastores dispostos a revelarnos todo sobre o cometido que deben cumplir nesta semana. Dous deles, Natalia e Manuel, estiveron de acordo en responder as nosas curiosas preguntas.

Nós, pola nosa banda comezamos por preguntarlles en que consistía o traballo que eles realizan, e estes mostráronse moi agradables ao responder: “O pastoreo é probablemente un dos traballos máis importantes nesta semana, pois coordina todas as actividades que se realizan ao ter que levar aos nenos entre as clases, sempre tendo en conta o reloxo.

Intrigados pola súa resposta, seguimos preguntándolles acerca da organización do seu traballo, ao que responderon, ambos ao tempo: “Dependendo da ocasión, xa que ao ter un estricto horario establecido, debemos estar pendentes do tempo, así que se hai alguen que se despista e non cumple o acordado, todas as actividades sofren un importante retraso. É unha gran cadea”.

De súpeto comprendimos que se trataba dun traballo con moita responsabilidade e moi estresante cando as cousas non saen como se espera e se os nenos, aos que vixilan e coidan, non se portan como desexan. Por iso lles preguntámos sobre o comportamento dos rapaces: “En xeral, os rapaces pórtanse ben, aínda que os máis pequenos son un pouco máis despistados e os máis maiores un pouco máis rebeldes”.

Despois de que responderan tan agradablemente as nosas preguntas, decidimos preguntarlles o que máis lles gustaba da súa tarefa nesta semana: “O que máis nos gusta é que podes sair e non estar encerrado todo o día, ademais visitas as actividades que realizan o resto dos compañeiros e ti tamén as disfrutas e aprendes sobre o que están a explicar”.

Tras rematar a nosa pequena entrevista, voltamos para a nosa clase a redactar este artigo para vós, que esperamos, vos desvele todos os segredos desta interesante semana.

(P. T. C.)

mércores, 22 de abril de 2015

Mañá, día do libro na escola

Mañá, día 23 de Abril, día do Libro, vanse levar a cabo unha serie de actividades e lecturas nas que algúns nenos e nenas da escola nos agasallarán coas súas tenras voces.
Imos ler a algúns dos escritores máis importantes nas linguas coas que temos un contacto máis ou menos cotiá.
Autores como Rosalía de Castro, Curros ou Castelao no caso da nosa lingua nai, Cervantes, Galeano ou Benedetti no caso do castelán. Shakespeare, Paul Eluard, Saramago, Dante e Patrick Süskind en inglés, francés, portugués, italiano e alemán, respectivamente, tamén serán recitados.

Esperamos de todo corazón que estas actidades sexas do voso agrado e as recibades cun gran sorriso e cunha grande emoción.

A historia do lixo

Hoxe visitamos a aula de música de primaria. Alí, para a nosa sorpresa, non estaba Rafa senón que nos atopamos cunhas marabillosas obras en inglés interpretadas polos nenos de 6º de primaria.

 O tema principal, como ben di o título, é a Historia do Lixo. Cóntanos como botaban o lixo nas distintas épocas comprendidas entre os romanos e a II Guerra Mundial, dende botalo pola xanela ata pola borda dun barco.

 A actividade consiste en que os nenos de 4º teñen todas as historias do lixo en galego nunha folla e os de 6º interpretan as historias en inglés mediante a dramatización con títeres. Logo das interpretacións, os nenos de 4º teñen que adiviñar a historia que é, e lela en alto.

 Estas activivades son coordinadas polos profesores Luis (profesor de Inglés de primaria) e Óscar (profesor de galego e castelán en primaria).


 (S.C.V -T.P.R)

Enquisas aos rapaces de sexto de primaria


Cristian
Saimos ao patio para falar cos nenos pequenos e que nos conten un pouco como  están vivindo esta semana, e o que están aprendendo.
6ºA – Alan, 6ºB - Hugo e 6ºC - Cristian
Pregunta: Cal foi a actividade que máis che gustou?
Respostas:
Alan: A actividade que máis me chamou a atención foi a dos coches de tecnoloxía porque non sabia que con
materiais tan simples pódense facer ese tipo de cousas.
Hugo: A que máis me gustou foi o rap sobre a reciclaxe na aula de castelán, porque é unha maneira    divertida de aprender cousas sobre a reliclaxe.
Cristian: A máis interesante é divertida considero que foi a obra do ximnasio, a do maio .
Alan
Pregunta: Que aprendiches sobre a reciclaxe?
Respostas:
Alan: Eu o que aprendín ata o momento da reciclaxe é que é moi importante e todos debemos colaborar  para ter un mundo mellor.
Hugo: O que aprendín sobre a reciclaxe é a lei das tres erres (reciclar, reutilizar e reducir).
Cristian: De momento non aprendín moito sobre a reciclaxe , pero co pouco que levo aprendido vou colaborar para que todo vaia mellor.
Pregunta: Te estan a gustar os alumnos da E.S.O. como profesores?
Hugo
Respostas:
Alan: Son bos profesores, prefiro estos que os meus, aínda que a hora de explicar uns os fan mellor que o outros.
Hugo: Si, creo que con xogos aprendemos igual pero dunha forma máis divertida.
Cristian: Gústanme moito porque son moi divertidos e temos máis relación con eles.
   
Depois destas entrevistas podemos ver como aos nenos gustoulles esta semana cultural, e aprenderon cousas da reciclaxe que ata agora non sabían.


( L.V. L. - T. P. R.)

Entrevista a dous nenos de 4º da E.S.O.

Hoxe fomos visitar algúns nenos de 4º da E.S.O. para saber a súas opinións sobre a Semana Cultural e que aprenderon desta experiencia traballando cos nenos máis pequenos. Velaquí o resultado:


 Entrevista a Alex C. e a Noelia H.:
 Pregunta: Que aprendestes na semana cultural?

 A. C.: Aprendín moitas cousas… pero sobre todo como tratar cos nenos.
 N. H.: Aprendín a ter paciencia cos nenos e, grazas a facer esta actividade, aprendín cousas de tecnoloxía que en clase non aprendería. Ademáis, agora comprendo o difícil que é ser profesor.

 P: Como empregaches vós os materias reciclados?

 A. C.: Os meus compañeiros e máis eu estamos a facer unha cidade con materias reciclados.
 N. H.: Con materiais reciclados facíamos unha actividade sobre a enerxía renovable.

 P: Considerades que os nenos están a aprender algo destas actividades?

 A. C.:  Ben, na actividade en si quizáis non moito, pero na Semana Cultural creo que están aprendendo moitas cousas da reciclaxe que non sabían antes a meirande parte deles.
 N. H.: Ben, os máis cativos pasárono ben, pero non creo que entenderan moito. Os maiores mostraron máis interese.

 P: Voltarías facer esta actividade se houbese unha nova Semana Cultural?

 A. C.: Aínda que me gustou, querería ser pastor. Encántanme os animais.
 N. H.: Non, gustaríame estar no gabinete de comunicación e ser fotógrafa.


 (M. L. M. - E. R. C. - L. V. L. - T. P. R.)

Entrevista aos actores do ximnasio

Se pasamos polo ximnasio podemos ver as obras que están a facer os alumnos de 2º e 3º da E.S.O., distintas historias feitas e pensadas por eles mesmos en galego e en inglés. O tema, como non podía ser doutra maneira, é a reciclaxe. 

 Para coñecer aos personaxes fixémoslles unhas entrevistas aos actores. Quedádevos a lelas se queredes coñecelos!


 Primeiro, dirixímonos a Sergio T. e Miguel R. Esta é a nosa entrevista:

Sergio (esquerda) e Miguel (dereita)

 Pregunta: En que obra traballades?


 S. T.: Traballo na obra do Maio.
 M. R.: Traballo con Sergio no Maio, a obra de galego.

 P: Que papel desenvolvedes na obra?

 S. T.: Eu son nunha escena un vello e noutra un director de escola
 M. R.: Eu son un estudante durante toda a obra.

 P: Que tema trata a obra?

 S. T. e M. R.: A nosa obra traballa o tema da reciclaxe.

 P: Quen tivo a idea da obra?

 S. T. e M. R.: A idea tívoa Xose, que é o noso profesor de galego, aínda que nos desenvolvimos a historia.

 P: Recibíchedes axuda por parte dalgún profesor?

 S. T. e M. R: Si, Alicia, a nosa profesora de teatro, axudounos a meternos no noso personaxe e a adecuar a linguaxe que empregamos cos máis pequenos.

 P: Na próxima Semana Cultural gustaríavos voltar a traballar nunha obra de teatro?

 S. T.: A min gustaríame seguir actuando nunha obra, xa que o estou a pasar moi ben.
 M. R.: Non, eu preferiría cambiar de actividade, para probar a facer manualidades.

 P: Que aprendíches desta experiencia?

 S. T.: Eu aprendín a traballar cos meus compañeiros.
 M. R: Eu agora teño máis paciencia cos nenos pequenos.

 P: Estades contentos co voso traballo?

 S. T. e M. R.: A pesar de facela con pouco tempo saíunos moito mellor do que esperábamos nun principio.


 Máis tarde, falamos cun alumno de 3º, Mario O., que participa noutra das obras.

 Entrevista a Mario O.:

 Pregunta: En que obra traballas?

 Resposta: Traballo na obra de inglés.

 P: Que papel desenvolves?

 R: Eu son Angry, o tolo da obra.

 P: Que tema trata a obra?

 R: Trata o tema da reciclaxe

 P: Quen tivo a idea da obra?

 R: A idea foi de Pablo G., un alumno de 3º da E.S.O. 

 P: Recibíches axuda por parte dalgún profesor?

 R: Si, na nosa obra axudáronnos Teacher, o profesor de inglés de secundaria, e Alicia, a profesora de teatro.

 P: Na próxima Semana Cultural gustaríache facer o mesmo?

 R: Si, gustoume moito a experiencia.

 P: Que aprendiche desta experiencia?

 R: A actuar mellor. 

 P: Estás contento co teu traballo?

 R: Si, os nenos ríense da obra e iso e moi satisfactorio.


 Por último, falamos con Pepe, de 2º.

 Entrevista a Pepe:
 Pregunta: En que obra traballas?

 Resposta: Traballei na obra “Orixe da lingua galega”.

 P: Que papel desenvolves?

 R: Eu son o protagonista, un neno que non quere estudar.

 P: Que tema trata a obra?

 R: A obra trata da reciclaxe

 P: Quen tivo a idea da obra?

 R: A idea foi de todos.

 P: Recibiche axuda dalgún profesor?

 R: Si, tivemos axuda de Alicia nalgunhas partes.

 P: Na próxima Semana Cultural gustaríache facer o mesmo?

 R: Aínda non o sei.

 P: Que aprendiche desta experiencia?

 R: Aprendín a interpretar. 

 P: Estás contento co teu traballo?

 R: Si, a verdade é que a xente parece sair contenta do ximnasio despois de ver a nosa obra.


 (M.L.M. - L.V.L. - E.R.C.)

Tour da "Semana Cultural"

Coa intención de facer da Semana Cultural algo máis cercana para os espectadores, gravamos un pequeno tour a toda velocidade  ao redor do colexio, amosándovos o que estamos facendo esta semana.
A Semana Cultural é un dos eventos máis importantes do curso escolar do noso colexio.  Esta cheo de actividades moi diversas e interesantes que teñen a finalidade de instruir sobre diferentes temas cada ano, e divertir aos alumnos mais pequenos ao mesmo tempo.
Neste vídeo podedes ver as actividades que están a realizar estes días os alumnos da E.S.O, co tema deste ano,  “A reciclaxe”.


(X. T. M. - P. G. F. - S. B. V.)

Doces Culturais


Todos os anos, e durante tres días consecutivos, os nenos de 1ºE.S.O venden pasteis no patio do colexio. Hoxe é o turno de 1ºC.


 Fixémoslles as seguintes preguntas:

Pregunta: Gústavos vender pasteis?

Resposta: Si, pero é moi estresante.

P: Por qué é estresante?

R: Porque veñen todos os nenos de golpe e nós nos aturullamos. O traballo cara ao público é moi duro.

P: Tardaches moito en facelos?

R: Non, ao redor de quince minutos ou media hora.

P: Axudáronvos nas vosas casas?

R: Si, as nosas nais.

P: Que pasteis teñen mais éxito?

R: O biscoito de chocolate.

P: E por que?


R: Porque é o que máis lles gusta aos nenos, cousas do chocolate...

P: Hai pasteis especiais?

R: Si, sen gluten para os alumnos celíacos.

P: Quen tivo a idea de facer os pasteis sen gluten?

R: María, a profesora de historia.



Aos nenos, xeralmente lles gusta vender pasteis xa que é unha actividade diferente e lúdica.
Dende o noso punto de vista está moi ben organizado, os nenos normalmente disfrutan moito e cremos que é unha boa forma de aprender a traballar en equipo xa que uns teñen que ocuparse do diñeiro, outros dos pasteis e outros dos compradores.




(A.F.L. – A.F.F. – P.T.C.)
Os posts que vos poden interesar