martes, 21 de abril de 2015

A Música Nutritiva

Na clase de música, Begoña, a profesora, cree que os seus alumnos esfórzanse moito na elaboración dos instrumentos para que despois Miriam F. e Sara L. presentan os instrumentos aos nenos para facilitarlle un mallor coñecemento sobre eles, ensinándolles tanto o seu son como as súas características.
Según a opinión de Begoña o instrumento máis fabricado durante a súa experiencia como profesora é o pau de chuvia, que está todos os anos debido a súa fácil elaboración e a facilidade para conseguir os materiais necesarios, ademáis de que é moi doado de construir.
Sen embargo a ela o instrumento que máis lle gusta é o charrasco, polos seus materiais e porque é un instrumento tradicional de música galega. Algúns dos elementos que máis ten en conta esta profesora para valorar os instrumentos é a orixinalidade, o timbre e sobre todo o esforzo.
Outra das actividades que se realiza nesta aula é a mistura de xéneros musicais: o canto de regueifas a ritmo de “rock and roll” ou cunha derivación de reggae moderno. Estas actividades están realizadas por: Hugo D’A. e Alberto C. na batería, Thomas L. no baixo e Jorge A. na guitarra eléctrica. Eles pensan que esta actividade lles gustará moito aos rapaces porque a música sempre chama a atención. É o mellor alimento para as nosas almas.


(P. Z. I. - J. I. L.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os posts que vos poden interesar