xoves, 23 de abril de 2015

Chuvia na aula de música

Dende o Gabinete de Comunicación escoitamos uns sons dos que non sabiamos a súa procedencia... Entón, por que non ir a investigar? Deixámonos levar pola curiosidade e rematamos na clase de Begoña, profesora de música.

 Ao entrar, atopamos a unha morea de nenos coa boca ben aberta escoitando a Thomas, Mauro, Miriam, Sara, Jorge e Hugo (4º E.S.O.), que lles mostraban un pau de chuvia. Este pau tan peculiar estaba conectado a un altofalante, que facía que o son se escoitase claramente por toda a habitación.

 A continuación, lles ensinaron aos nenos os instrumentos base dun grupo musical: a guitarra eléctrica, a batería e máis o baixo, explicando a súas características principais e como se toca.

 Finalmente, tocaron unha canción con estes instrumentos, chamada “Miña terra galega” . Foi cantada por Mauro, Sara e Miriam, Thomas no baixo, Jorge na guitarra e Hugo na batería.

 Cal é a finalidade desta actividade? Nós cremos que é unha boa forma de incitar á creatividade musical. Saímos da clase co ritmo no corpo, con ganas de bailar e seguir a nosa dura xornada.



 (A. F. F. – A. F. L. – X. T. M.) 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os posts que vos poden interesar