luns, 20 de abril de 2015

Cuarto de primaria

Se nos achegamos ao edificio de primaria e entramos na aula de Óscar, podemos observar como os nenos de cuarto de primaria eliminan a diferenciación entre clases xuntándose todos nun mesmo grupo, para despóis distribuirse entre as diferentes actividades.
As actividades que fan estes nenos teñen que ver coa reciclaxe. Por exemplo, utilízanse rolos de papel hixiénico para facer flores, teas e follas caidas das árbores para fabricar marcapáxinas, e  vasos de plástico a partires de la e papel de aluminio.
O profesor Óscar, que organiza as actividades de cuarto de primaria, contounos que as actividades do seu curso están pensadas para que os nenos máis pequenos entendan a función e a importancia da reciclaxe no actual contexto social. 
Por este espazo han pasar todos os rapaces de primaria.



(M.L.M. - L.V.L.)


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os posts que vos poden interesar