mércores, 22 de abril de 2015

Enerxías Renovables

Nesta mañá estivemos disfrutando da actividade de enerxías renovables dos alumnos de cuarto da E.S.O. na aula de tecnoloxía. Aquí os raparigos pasan por catro obradoiros, o da enerxía da casa, o da reciclaxe dos metais, o de depuración e o da enerxía eólica.


Enerxía na casa
O primeiro que nos atopamos é o da enerxía da casa. Nesta actividade ensínanlle aos nenos maneiras de aforrar enerxía no consumo do fogar, mediante xogos e exposicións, os nenos aprenderán, por exemplo, que bombilla hai que utilizar para conseguir a mesma luminosidade con menos consumo.
Reciclaxe dos metais
Se seguimos neste orde, atopamos a reciclaxe dos metais. Consiste nunha exposición na que lles explican aos nenos como funciona o elctroimán mediante un xogo interactivo, e tamén aprenderán datos sobre os metais, como que todos os metais atráensen iguais por un imán.
Depuración
Seguindo cara diante atopamos coa depuración, na que os raparigos aprenden como reacciona o Ph cos distintos produtos de limpeza da auga. Tamén obterán a sabiduría de cómo funciona unha depuradora.
Enerxía Eólica
En último lugar os rapaces pasan pola clase de enerxía eólica, na cal, os raparigos de cuarto da E.S.O. ensinanlle aos de primaria como aproveitar a forza do vento para conseguir electricidade. Usan un barco de vela como exemplo do aproveitamento antigo desta enerxía, e cun muíño de vento a maneira de conseguir esta enerxía actualmente. Tamén xogan cos rapaces cun helicóptero e cun coche impulsados por un globo en lugar dun motor.
(A. C. R. - J. O. R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os posts que vos poden interesar