martes, 21 de abril de 2015

Enquisas aos rapaces de primaria



Esta semana é especial: é especial pasar polo patio e sentir a actividade sen freo que inunda a escola.
Dende o equipo de comunicación queremos traballar o sentir da escola. Para iso, realizamos unha serie de enquisas:
Comezamos realizando algunhas a rapaces de primaria. Elaboramos preguntas como: “Que é a semana cultural?”, á que moitas persoas responderon que era "unha marabillosa  semana na que se fan actividades e xogos vencellados a un tema en particular cada ano".
Unha pregunta moi interesante, foi se coñecían o que era a reciclaxe (o tema deste ano). A gran maioría non sabía con certeza o que era. Como non, todos coincidiron con un si, ao preguntarlle sobre se estaban ansiosos por que chegase a semana cultural.
Ante a pregunta :”Credes que os alumnos da E.S.O son mellores profesores  que os habituais ?”  estiveron igualados.  Veremos ao final da semana cal é a súa valoración.

( T. P. R - D. V. P)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os posts que vos poden interesar