mércores, 22 de abril de 2015

Entrevista aos actores do ximnasio

Se pasamos polo ximnasio podemos ver as obras que están a facer os alumnos de 2º e 3º da E.S.O., distintas historias feitas e pensadas por eles mesmos en galego e en inglés. O tema, como non podía ser doutra maneira, é a reciclaxe. 

 Para coñecer aos personaxes fixémoslles unhas entrevistas aos actores. Quedádevos a lelas se queredes coñecelos!


 Primeiro, dirixímonos a Sergio T. e Miguel R. Esta é a nosa entrevista:

Sergio (esquerda) e Miguel (dereita)

 Pregunta: En que obra traballades?


 S. T.: Traballo na obra do Maio.
 M. R.: Traballo con Sergio no Maio, a obra de galego.

 P: Que papel desenvolvedes na obra?

 S. T.: Eu son nunha escena un vello e noutra un director de escola
 M. R.: Eu son un estudante durante toda a obra.

 P: Que tema trata a obra?

 S. T. e M. R.: A nosa obra traballa o tema da reciclaxe.

 P: Quen tivo a idea da obra?

 S. T. e M. R.: A idea tívoa Xose, que é o noso profesor de galego, aínda que nos desenvolvimos a historia.

 P: Recibíchedes axuda por parte dalgún profesor?

 S. T. e M. R: Si, Alicia, a nosa profesora de teatro, axudounos a meternos no noso personaxe e a adecuar a linguaxe que empregamos cos máis pequenos.

 P: Na próxima Semana Cultural gustaríavos voltar a traballar nunha obra de teatro?

 S. T.: A min gustaríame seguir actuando nunha obra, xa que o estou a pasar moi ben.
 M. R.: Non, eu preferiría cambiar de actividade, para probar a facer manualidades.

 P: Que aprendíches desta experiencia?

 S. T.: Eu aprendín a traballar cos meus compañeiros.
 M. R: Eu agora teño máis paciencia cos nenos pequenos.

 P: Estades contentos co voso traballo?

 S. T. e M. R.: A pesar de facela con pouco tempo saíunos moito mellor do que esperábamos nun principio.


 Máis tarde, falamos cun alumno de 3º, Mario O., que participa noutra das obras.

 Entrevista a Mario O.:

 Pregunta: En que obra traballas?

 Resposta: Traballo na obra de inglés.

 P: Que papel desenvolves?

 R: Eu son Angry, o tolo da obra.

 P: Que tema trata a obra?

 R: Trata o tema da reciclaxe

 P: Quen tivo a idea da obra?

 R: A idea foi de Pablo G., un alumno de 3º da E.S.O. 

 P: Recibíches axuda por parte dalgún profesor?

 R: Si, na nosa obra axudáronnos Teacher, o profesor de inglés de secundaria, e Alicia, a profesora de teatro.

 P: Na próxima Semana Cultural gustaríache facer o mesmo?

 R: Si, gustoume moito a experiencia.

 P: Que aprendiche desta experiencia?

 R: A actuar mellor. 

 P: Estás contento co teu traballo?

 R: Si, os nenos ríense da obra e iso e moi satisfactorio.


 Por último, falamos con Pepe, de 2º.

 Entrevista a Pepe:
 Pregunta: En que obra traballas?

 Resposta: Traballei na obra “Orixe da lingua galega”.

 P: Que papel desenvolves?

 R: Eu son o protagonista, un neno que non quere estudar.

 P: Que tema trata a obra?

 R: A obra trata da reciclaxe

 P: Quen tivo a idea da obra?

 R: A idea foi de todos.

 P: Recibiche axuda dalgún profesor?

 R: Si, tivemos axuda de Alicia nalgunhas partes.

 P: Na próxima Semana Cultural gustaríache facer o mesmo?

 R: Aínda non o sei.

 P: Que aprendiche desta experiencia?

 R: Aprendín a interpretar. 

 P: Estás contento co teu traballo?

 R: Si, a verdade é que a xente parece sair contenta do ximnasio despois de ver a nosa obra.


 (M.L.M. - L.V.L. - E.R.C.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os posts que vos poden interesar