xoves, 23 de abril de 2015

Entrevista aos pastores

Pensando na organización da Semana Cultural, decidimos facerlles unha pequena entrevista aos mozos que se encargan dunha das tarefas máis importantes, e unha das que conleva maior traballo, o “pastoreo”.
¿En que consiste este traballo? Con esa pregunta na cabeza decidimos buscar as respostas.

Tras camiñar un pouco polo patio, atopámonos con dous grupos de pastores dispostos a revelarnos todo sobre o cometido que deben cumplir nesta semana. Dous deles, Natalia e Manuel, estiveron de acordo en responder as nosas curiosas preguntas.

Nós, pola nosa banda comezamos por preguntarlles en que consistía o traballo que eles realizan, e estes mostráronse moi agradables ao responder: “O pastoreo é probablemente un dos traballos máis importantes nesta semana, pois coordina todas as actividades que se realizan ao ter que levar aos nenos entre as clases, sempre tendo en conta o reloxo.

Intrigados pola súa resposta, seguimos preguntándolles acerca da organización do seu traballo, ao que responderon, ambos ao tempo: “Dependendo da ocasión, xa que ao ter un estricto horario establecido, debemos estar pendentes do tempo, así que se hai alguen que se despista e non cumple o acordado, todas as actividades sofren un importante retraso. É unha gran cadea”.

De súpeto comprendimos que se trataba dun traballo con moita responsabilidade e moi estresante cando as cousas non saen como se espera e se os nenos, aos que vixilan e coidan, non se portan como desexan. Por iso lles preguntámos sobre o comportamento dos rapaces: “En xeral, os rapaces pórtanse ben, aínda que os máis pequenos son un pouco máis despistados e os máis maiores un pouco máis rebeldes”.

Despois de que responderan tan agradablemente as nosas preguntas, decidimos preguntarlles o que máis lles gustaba da súa tarefa nesta semana: “O que máis nos gusta é que podes sair e non estar encerrado todo o día, ademais visitas as actividades que realizan o resto dos compañeiros e ti tamén as disfrutas e aprendes sobre o que están a explicar”.

Tras rematar a nosa pequena entrevista, voltamos para a nosa clase a redactar este artigo para vós, que esperamos, vos desvele todos os segredos desta interesante semana.

(P. T. C.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os posts que vos poden interesar