mércores, 22 de abril de 2015

Mosaicos


Na aula de María e Mar podemos ver aos rapaces de 1º E.S.O traballando nunha orixinal actividade organizada por Mar. Os nenos crean os seus propios mosaicos a partir de diferentes figuras xeométricas.

 Acudimos a unha explicación elaborada por Mar onde lles ensinaba os pasos que deben seguir para construir os seus propios teselanos.

 Os materiais empregados nesta actividade son trociños reutilizados de cartón atopados nas casas, por exemplo, caixas de cereais.

 Esta actividade serviulles para combinar figuras e facer as súas orixinais creacións.



 (S. B. L - E. R. M)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os posts que vos poden interesar