martes, 21 de abril de 2015

O Arte do Ximnasio


Hoxe, en busca de traballo perdido, pasamos polo ximnasio e, para a nosa sorpresa, encontrámonos cun bonito mural sobre a reciclaxe. Para empezar, podemos ver resaltado o símbolo da reciclaxe, rodeado de dous mundos paralelos que nos mostran a vida con e sin a reciclaxe: dunha banda un mundo no que a polución e a suciedade están á orde do día, e outro limpiño, o mundo que desexamos.


 Esta obra está sendo realizada polos alumnos Sergio, Marcos, Adrián, Cris e Checho, de 3º da ESO, e Antón e Miguel, de 4º da ESO. 

Preguntándolle aos artistas, contáronnos que os materias que están empregando son “sprays", e botes de pintura ecolóxicos, axudándose dunhas plantillas para debuxar na parede.


Entrevistamos a Patricia, profesora de plástica de secundaria:


Pregunta: Sobre que tema trata este mural?


Resposta: Loxicamente, trata sobre o tema dos tres “erres”: Redución, Reciclaxe e Reutilización. Ven sendo un traballo bastante simplón, pero efectivo para esta semana.

P: Como o facedes?

R: A idea é que fagan un debuxo dos elementos que contaminan o medio ambiente e por outro lado os animais aos que lles afecta. No centro debuxaron o signo característico da reciclaxe.

P: Que materiais estades a utilizar?

R: Para o fondo utilizamos un método máis rudimentario, pero efectivo, como é o pulverizador a presión, moi fácil de manexar. Por outra parte empregamos “sprays”. Como non son ecolóxicos explicamos aos nenos, mediante cartéis, como funcionan, o que conteñen dentro e que facer con eles unha vez rematados.

 P: En que lles axudas?

 R: Eu axudo de xeito que os animo, e de vez en cando voto algunha bronca… Non, é broma, en verdade só axudo animándoos e organinzando un pouco o traballo.

 P: Por que escolliche a estes nenos?

 R: Porque fixemos unha selección e foron eles quen escolleron artes como opción prioritaria. Benvidos.

 P: Estas contenta co traballo realizado?

 R: Estou contenta aínda que o resultado final poida ser regular. 





(E. R. C. - S. C. V. - L.V. L.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os posts que vos poden interesar