martes, 21 de abril de 2015

Paredes Artísticas


 Como todos os anos, Patricia, a mestra de plástica, organiza unha serie de murais. Este ano, vanse realizar dous:

 O mural feito con tapóns reciclados, creado por Andrea (3ºA), Iago, Estela, Alejandro y Antón (3ºB). Neste mural inténtase reflexar unha árbore, das ramas do cal saen os nomes dos cincuenta autores máis homenaxeados das Letras Galegas.


 E o mural da Ría de Vigo, feito por Helena, Shalom (3ºB), Carlos, María, Nicolás, Uxía, Natalia (4ºC), Raquel, Alba (4ºA), Carol, Iván, Roque, Adrián (4ºB) e Paula (3ºC). Neste mural pódese ver unha retrospectiva sobre os autores das letras galegas máis destacados cun graffiti das Letras Galegas.

 Fixemos unha entrevista a Estela e Antón, dous nenos do mural con tapóns:

 -Por qué elexistes esta actividade e non outra?
 E: Porque me gusta pintar e reciclar, por que non facer as dúas cousas á vez?
 A: Porque me parece unha actividade moi productiva e divertida.

 -Que se intenta reflexar neste mural?

 E: O arte da natureza e da escritura.
 A: Arte contemporánea con tapóns.

 -Disfrutades facendo esto?
 E: Si, porque me gusta estar cos meus amigos.
 A: Gústame, pero pode resultar bastante repetitivo.

 -Considerades esta actividade productiva?
 E: Si, porque quedará un recordo da semana cultural durante moito tempo.
 A: Si, porque aos nenos lles chama a atención.


 En conclusión, a semana cultural está chea de actividades de moi diferentes características, non so instructivas senón tamén creativas.



 (A. F. L. - A. F. F.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os posts que vos poden interesar