mércores, 22 de abril de 2015

O Coidado do Medio

Nesta semana cultural podemos descubrir diferentes actividades relacionadas coa reciclaxe.

 Na aula de Xavi atopamos catro grupos de 4º da E.S.O. da nosa escola que intentan concienciar aos nenos da importancia do coidado do planeta.
 Nada máis entrar na aula, decatámonos de que un grupo de rapaces (Luis L., Pablo Nu., Alejandro C. e Alex R.) están a explicarlles aos nenos que é a reciclaxe. Mediante un xogo con cubos que eles mesmos pintaron na aula de Patricia, coas cores tradicionais dos contenedores do lixo, ensínanlles onde se tiran os distintos tipos de lixo que nós xeramos nas nosas casas.
 Esta actividade motiva e anima aos nenos a levar a cabo a reciclaxe nas súas casas. Os rapaces móstranse con ganas ante esta iniciativa.

 A seguinte actividade que atopamos a realizan Chiara N., Elena S. e Hanna G., que, mediante unha moi boa exposición, explícanlles aos nenos o periplo dunha bolsa de plástico, e estes vense interesados polas diferentes etapas da “vida” que teñen os plásticos, dende a saída da fábrica, pasando polo supermercado, até o mar e outros entornos naturais, chegando a falarse dun continente plástico flotando no Pacífico.

 A terceira actividade fala sobre a reciclaxe do papel.
 Gemma M., Claudia D. e Xavi P., os encargados, explicáronlles aos rapaces os diferentes pasos e beneficios deste característico material, ademais dos dous tipos de fabricación que teñen. Mediante unha práctica, ensínanlles aos nenos o proceso manual de fabricación do papel, dende que se trocea o xornal xa utilizado, ata que se aplasta para que seque e se poida volver a utilizar.


 Por último, disfrutamos dunha actividade moi entretenida realizada polos alumnos de 4ºE.S.O  María V., Noa S., Andrea P. e Telmo G. Nesta actividade fálannos da enerxía hidroélectrica e da reciclaxe, cóntannos as vantaxes e desvantaxes deste tipo de fonte de enerxía.
 Con eles, os rapaces puideron disfrutar de xogos didácticos, como o caso duns peixes de xoguete para pescar, ou dunha elaborada maqueta feita por eles, que ensinaba os funcionamentos da noria hidroeléctrica.

 Grazas a estas actividades, os rapaces concienciáronse da necesidade do coidado do planeta mediante a reciclaxe.



(E. R. M. - S. B. L.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os posts que vos poden interesar