mércores, 22 de abril de 2015

Obradoiro de Instrumentos

Na clase de francés de primaria realízase o obradoiro de intrumentos musicais, onde Nuria, Iago, Lucía, Alberto, Rafael (3º E.S.O.), Marta, Mar, Elena, Ana, Miriam e Hugo (4º E.S.O.) ensinan a construir instrumentos, con materiais reciclados, aos nenos dende tres anos ata cuarto de primaria.

Maracas feitas polos nenos de tres anos
Segundo as idades fanse intrumentos diferentes, por exemplo on nenos de tres anos elaboran maracas, feitas con dous vasos de plástico no que se lle bota arroz e péchase con cinta adhesiva.

Crótalos feitos polos netos de 4 e 5 anos
Os de catro e cinco anos constrúen crótalos, unha lámina de goma na que nos dous extremos se pegan dúas chapas.

Instrumento de vento dos nenos de primaria
Os de primeiro de primaria realizan un instrumento de vento, no que se unen dous tubos de plástico con látex.

Cazús dos nenos de segundo de primaria
Os de segundo de primaria crean cazús, un instrumento composto por un tubo plástico cun burato no medio e nun dos dous extremos tápase cunha bolsa de plástico.

Instrumento de percusión dos menos de
terceiro de primaria
 Finalmente os de terceiro e máis cuarto de primaria elaboran un instrumento de percusión, no cal pártese un tubo pola metade e no medio ténsase unha lámina de madeira cunha corda.

A finalidade desta actividade é probar algo novo e creativo, que non requira moita man de obra. 

(A. F. F - A. F. L)


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os posts que vos poden interesar