martes, 21 de abril de 2015

Bilingüismo Dramático

    Nestas 5 representacións, (catro en Galego e unha en inglés) os rapaces de 2º e 3º da E.S.O. dano todo para facer que pasemos un bó rato no teatro.
“Rap sobre reciclaxe”
  Ábrese o telón, unha morea de rapeiros de 2º da ESO comezan a cantar unha orixinal peza na que tratan de concienciarnos sobre a importancia da reciclaxe para manter o noso planeta limpo e sano. É unha orixinal idea para aprender a reciclar mentres pasámolo ben.

"O Maio"

  A obra, que comeza coa graduación duns rapaces, narra a historia de como estes  buscan gañar cartos para poder entrar na universidade. Para lograr o seu obxectivo deciden vender castañas, mais non disponen delas, polo que van buscalas á casa dun vello. Este, emocionado, comeza a recitar “O Maio”.

Días despóis, trala venta de castañas (a cal foi un éxito), os rapaces recaudan todo o diñeiro necesario para ingresar na Universidade.




“Orixe da lingua galega”
  A historia trata sobre como unhas pantasmas resolven as dudas dun rapaz sobre a orixe da lingua galega, mentres o protagonista (e o público) aprendemos palabras novas en latín, suevo e incluso algunhas con influencia árabe. No desenlace, o protagonista consegue  sacar unha moi boa nota no exame sobre a orixe da lingua galega.
“Negrasombra”
  Outro grupo de rapaces comezan a recitar “Negrasombra” mentres representan situacións tristes da vida cotiá (a morte dun ser querido, a emigración a América, a ruptura coa parella, etc).



Finalmente, os de 3º deleitáronnos coa súa obra en inglés, na que dánse moitas situacións graciosas nunha tenda de roupa para vagabundos, sempre buscando a risa fácil e o entretemento de público.
Para coñecer máis sobre esta historia e sobre como é traballar no teatro, entrevistamos a un dos acotres principáis, Martín P.:
Xornalista: Crees que a obra estivo o suficientemente preparada?
Martín: Comezamos a preparala o venres, pero ao ser moi sinxela, non foi complicado memorizar o guión.
X: A obra ten cousas moi graciosas, son cousas que se vos ocurreron nos ensaios ou estaban preparadas no guión?
M: Xurdiron algunhas nos ensaios e outras mentres representabamos.
X: Cómo levas iso de ter que compaxinar o traballo de actor e o de responsable das redes sociais de equipo de prensa?


M: É moi complicado, e apenas teño media hora para facer cada cousa e ir do gimnasio á redacción, pero é gratificante sentirse tan útil.
(M. C. L. - X. A. C. - P. G. F. - I. L. L.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os posts que vos poden interesar