martes, 21 de abril de 2015

Obras Recicladas

     Os alumnos de 2º E.S.O. fixeron unha serie de obras teatrais para ensinar aos nenos que a reciclaxe  é moi importante hoxe en dia, onde todas as persoas  contaminan. O Martín Códax quere contribuir á diminución deste nivel de contaminación a través da educación e a concienciación dos seus alumnos.

-Os espazos naturais do mundo:
     Esta obra a fixeron Jhon, Pablo, Raúl, Sara, Martina, Gala, Lucía e Óscar para concienciar aos nenos de que deben protexer os espazos naturais que hai no mundo.
 Se lles ocorreu a idea de facelo dun xeito teatralizado para que os nenos aprendan de forma máis sinxela, aparte de que sexa moito máis entretido que un simple discurso sobre os espazos naturais que ofrece a Terra. Os nenos, con esta obra teatral, aprenderán a apreciar as cousas que a natureza lles pode ofrecer se a tratan de xeito correcto.


-A reciclaxe da luz:
     Esta obra foi interpretada por Tiago, Christian, Pepe, Marina e Anxo para que os nenos aprendan o ciclo da luz. Nela explican como a luz rebota na capa de ozono ou vai cara a terra, onde rebota continuamente, e máis do aire, no que explican que respiramos oxigeno e expulsamos dióxido de carbono e as árbores ao contrario. O fixeron de forma teatral para que fose máis dinámico e logo elexiron un xogo, o Pasapalabra, basado en palabras relacionadas coa reciclaxe, para facelo máis entretido.

-As linguas mortas:
     Este espectáculo está realizado por Diego, Vica, Silvia, Lía, Noa e Alba co fin de que os nenos aprendan que nas lenguas tamén se aplica a reciclaxe. Decidiron facelo de forma teatral para que fose máis fácil de disfrutar polos nenos. Os alumnos con esta obra aprenderán que as linguas de hoxe poden ser fillas e aproveitar as linguas de fai moito tempo.

Os rapaces pequenos consideran esta actividade entretida e dinámica; tamén a definen como “guai”.


 (P. Z. I. - J. I. L.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os posts que vos poden interesar