xoves, 23 de abril de 2015

Operación reciclaxe

O tema principal da Semana Cultural de este ano no Martín Codax é a reciclaxe. Eleximos este tema porque cremos que é moi importante que os nenos comecen a coidar o noso planeta dende pequenos, porque se non acostumamos aos nenos a non contaminar hoxe, mañá pode haber consecuencias catastróficas, como o fundimento dos polos, a desaparición da capa de ozono ou plagas.

A maior causa da contaminación é o progreso da humanidade, debido a que cada vez que se innova, prodúcense máis residuos. Un progreso mal entendido?
Os expertos na contaminación ambiental cren que a forma de reducir a taxa de contaminación sería facer un uso máis responsable dos recursos naturais.
As principais enerxías non renovables que empregamos na nosa vida cotiá pódense esgotar.    Estimación da súa durabilidade:
 -Carbón: 122 anos.
 -Uranio: 80 anos.
 -Gas natural: 60 anos.
 -Petróleo: 42 anos.

        Os principais culpables da contaminación mundial son as cidades, que ocupan o 2% do territorio e prodúcen o 70% dos gases causantes do quentamento global, e aos que máis lles afecta o quentamento global son aos países pobres.

         Outra das causas da contaminación son o uso abusivo de combustibles fósiles para uso privado (vehículos, calefacción, etc.) contaminando aire, terra e auga, debido ao noso estilo de vida derrochador.

     É igual de preocupante a deforestación medioambiental, coa que desaparecen as árbores encargadas de limpar o aire e proporcionarnos osíxeno. A sobreexplotación dos recursos naturais e a superpoboación mundial aumentan o consumo e a produción de lixo. Ademais, este aumento de produción faise de xeito pouco respetuoso coa natureza, abusando de insecticidas que envelenan a terra, o auga es os alimentos.

          Para evitar que isto pase hai varias formas de cambiar a nosa vida cotiá:

Unha forma é sabendo que nos contedores só se reciclan envases. Por exemplo, non poderíamos botar unha ventá rota no contedor. Se non sabes onde colocar un producto utilizado, o máis recomendado é colocalo no contenedor xeral (verde escuro). 
           

Outras formas é utilizando o coche nos traxectos largos e, nos traxectos, curtos vehículos que non precisen enerxías fósiles, ou andando, investigando e utilizando máis fontes de enerxía renovables e cambiando as nosas formas de vida e consumo.
Pero tamén temos que cambiar nós, non esperar que os cambios nos cheguen impostos por gobernos ou institucións. Os cambios teñen que ser persoais, partir de cada un porque aínda que teñamos as ideas e o material  adecuado, se non temos a vontade de cambiar as nosas formas de vida non serve de nada.
Tamén temos que concienciarnos de que hai que reciclar e consumir dun xeito sostible, porque ainda que o sepamos na teoría se non o facemos na práctica non serve de nada. Os cidadáns somos os que temos que pór a primeira pedra do camiño cara un mundo mellor.         
                                                        

(J.I.L.-P.Z.I-H.P.V.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os posts que vos poden interesar