xoves, 23 de abril de 2015

Pequenos profesores

Tras unha longa viaxe ao perigoso edificio de primaria, conseguimos chegar con vida.
 Nada máis entrar pola porta, escoitamos unha algarabía que proviña de dúas clases, entramos nunha delas con medo. Nela había oito nenos. Que estarían a facer?
 Despois de atacarnos, logramos conseguir información suficiente para este artigo.

 Na primeira aula presenciamos unha pequena representación feita polos alumnos de 3ºB de primaria,  dirixidos pola súa profesora, Fátima, na que cada rapaz tiña unha personaxe a representar: un quería mercar un coche, outro tiña unha empresa de petróleo e outro facía de enxeñeiro.

 Despois, situados noutra clase, atopamos a catro grupos de rapaces con distintas activadades.
 Un dos grupos facía xoguetes con materiais reciclados, outro explicaba a separación do lixo nos diferentes contenedores, o terceiro de eles, participaba nun xogo de “pasapalabra” no que cada letra tiña una pregunta diferente sobre a redución da contaminación, e por último, o cuarto grupo, facía unha explicación sobre o mal estado da mar, acompañada dun xogo para conciencialos.

 Estaban tan entusiasmados tanto os nenos que facían de mestres como os que participaban nas actividades.

 (E. R. M. - S. B. L.) 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os posts que vos poden interesar