luns, 20 de abril de 2015

A química dos alimentos

Ao lado da clase de dramatización, un grupo de alumnos de 2ºB (André, Alberto, Sabela, Celia, Natalia, Lucía e Brais) realiza unha actividade sobre a química dos alimentos: explícanlle aos nenos o que hai que facer para que estes teñan mellor aspecto e duren máis tempo.
Primeiro fan unha breve explicación de como diferentes elementos químicos (Bisphenol, Nitritos, Colorantes...) afectan ao sistema nervioso dos seres humanos e aos alimentos que estes van consumir.

Tamén onde se atopan. Por exemplo, o Bisphenol pódese atopar nos biberóns e pegamentos, nos pesticidas, no arroz e no trigo, no mercurio, nas algas que comen os peixes, etc. 

 Finalmente, realizan un twister para poñer a proba a atención dos nenos. 


 O obxectivo desta actividade é saber cal é a  cantidade de químicos coa que convivimos diariamente.


(A. F. F - A. F. L)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os posts que vos poden interesar