martes, 21 de abril de 2015

Regueifas

Hoxe acercámonos ata unha actividade do máis interesante. Na aula de castelán estanse a realizar unha serie de actividades que inclúen regueifas, raps e lendas que tratan, todas elas, sobre as enerxías renovables e sobre a importancia da auga.  Fixémoslles unha serie de preguntas aos rapaces que levaban a cabo a actividade:

 PR: Como xurdíu a idea?

 R: Despois de suxerir moitas ideas, escollimos o tema das enerxías renovables, xa que estamos a tratalo na aula de Xaime

 PR: Que queredes transmitir?

 R: Principalmente, que temos que coidar do noso planeta usando máis enerxías renovables e menos enerxías fósiles 

 PR: Estades contentos co voso traballo? 

 R: Si, cremos que está a sair bastante ben, e nós estamos contentos co noso traballo.


(RAP)

 PR: Que quixestes transmitir?

 R: Quixemos aportar información sobre este tema de maneira máis entretida. 

 PR: Por que quixestes elaborar un rap?

 R: Pareceunos unha idea bastante boa aínda que un tanto complexa, pero o que importa e entreter aos rapaces e que aprendan un pouco sobre as enerxías renovables


(REGUEIFAS)


 PR: En que consiste?

 R: Son regueifas que tratan sobre a ecoloxía, formando unha loita oral na que algúns a defenden e outros a desprecian. Ao final, os que a defenden convencen aos que a desprezan.

 PR: Por que escollestes elaborar unha regueifa?

 R: Porque Begoña, a profesora de música, deunos a conocer o das regueifas e parecemos bastante interesante e divertido.


(OBRA)

 PR: En que consiste?

 R: É unha obra lúdica sobre a importancia da auga.

 PR: Por que escollestes elaborar unha obra?

 R: Porque as demais ideas rexeitóunolas Xose e foi a única que nos aceptou.


 Despois de entrevistar aos integrantes da actividade decidimos preguntarlle aos nenos

 PR: Que vos transmitiu?

 R: Que hai que coidar o planeta e que hai moitas enerxías renovables, como o muíño de vento. 

 PR: Que foi o que máis vos gustou?

 R: O que máis nos gustou foi o rap, porque falaba dun muíño de vento e nos gustan moito.

(T.P.R - L.V.L)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os posts que vos poden interesar