luns, 20 de abril de 2015

Semana Cultural 2015

Bos días, familia Martín Codax:
Hoxe, un ano máis, comeza a Semana Cultural no Colexio Martín Codax, este ano adicada á reciclaxe.
Xa dende hai anos celébrase a Semana Cultural. Esta está dividida en tres grandes bloques: o de ciencias, que se centra na parte máis experimental da educación e fomenta o emprego do método científico; o bloque do teatro e cultura popular e o bloque de música e plástica; estes dous últimos bloques adicados á parte máis creativa e expresiva e vencellados coa nosa tradición cultural e lingüística.
Por outro lado, existen outros grupos máis específicos, como o noso, o de comunicación. O noso grupo, á súa vez, está dividido en catro grupos: o de fotografía, o de vídeo, o de redacción e o encargados das redes sociais.
Coa estrutura principal xa comentada, comecemos a falar un pouco dos seus inicios.  A Semana Cultural, como a coñecemos, comeza no ano 2000, coa idea de adicar unha semana especial  ás ciencias,á música,á arte e á cultura lingüística. Se vos interesa ampliar esta información, podedes vistar os blogues de anos anteriores. Aquí tedes os enlaces:
Na Semana Cultural os rapaces da E.S.O realizan actividades para os nenos da primaria centradas nun tema, este ano están relacionadas coa reciclaxe. Tamén se fan outras actividades como, por exemplo, a venda de pasteis.
Esperamos que o noso traballo sexa do voso agrado. Podedes seguirnos a través do blogue (http://semanamc2015.blogspot.com.es), ou a través do noso Twitter (@colemartincodax) e mais o noso Facebook (Colexio Martín Codax).
Unha aperta.


(H.P.V. – X.A.C.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os posts que vos poden interesar