xoves, 23 de abril de 2015

Traballo en equipo

Hoxe, último día da Semana Cultural, imos valorar o traballo e as sensacións do equipo de prensa desta edición.

A enquisa que fixemos mostra as opinións persoais dos participantes.
Interésanos o que se aprendeu con esta experiencia, cal é o beneficio pedagóxico desta intensa semana de actividade. A maioría das respostas salientan que o máis valorado foi o traballo en equipo e as súas experiencias dentro do gabinete de prensa…

As maiores dificultades do grupo foron o ambiente de nervios e o estrés que houbo nalgúns momentos xa que os nenos non sempre fan o que se lles di, cousa realmente inexplicable.
A convivencia dentro do gabinete de prensa foi saudabel, houbo tanto momentos de nervios, como de pracer polo traballo común. 

Os compañeiros aprenderon a escribir con soltura co teclado, a redactar as noticias dun xeito atractivo para os lectores, a facer boas imaxes cos aparellos de fotografía e vídeo, etc. Foi unha experiencia positiva e enriquecedora.
O 100% dos alumnos que traballaron aquí repetirían  con moito gusto.

Agradecemos o seu traballo e a súa implicación aos integrantes do grupo de prensa: Maximilian, Sergio B., Sergio C., Ángel, Pablo L., Pablo Z., Pablo G., Aida, Alicia, Gabriel, Miguel, Xián, Iago, Jorge, María G., Saray, Estéfana, Hugo, José, Paula, Xiana, Elena, María L., Laura, Diego V., Tamara e Martín e por suposto aos nosos guías: Álvaro, Cristina e Conchi.

Agradecer tamén por suposto aos nosos lectores tanto no Twitter como no Facebook e no noso blog.
Esperamos que fose para vos unha gran experiencia e que o noso labor fora do voso agrado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os posts que vos poden interesar